Xa está aquí a
Feira do 1900!
Un ano máis, o CCA participa con moita ilusión nesta fin de semana tan especial para Arteixo, que este ano celébrase o 17, 18 e 19 de outubro, dedicada á vida na aldea.
Nesta edición mudamos un pouco a nosa programación —traemos cousas novas que nos fan moita ilusión—: as nosas primeiras Aldeadas, unhas olimpíadas de aldea para rir e competir en equipo; o desfile-concurso “Un paseíño no día de festa”; e tres obradoiros sobre saberes e tradicións de aldea que che van encantar.
E para os mais peques e as súas familias, centos de fichas para poder subir ao treneciño, os cabaliños e resto de atraccións.

Segue lendo para descubrir todos os detalles e as maneiras de participar ou inscribirte en cada actividade.
Aldeadas
As Olimpiadas da aldea
As Aldeadas chegan por primeira vez á Feira do 1900!
Unha competición divertida e chea de espírito de aldea, inspirada nos xogos e costumes de comezos do século pasado. Equipos de amigas e amigos medirán as súas destrezas en probas tan auténticas como lanzar o marco, espetar estacas ou carrexar leite… todo coa roupa da época e moita ledicia.
A participación é por equipos de 4 a 6 persoas maiores de idade, que deberán vestirse de época (1900) —é requisito imprescindible— e aceptar as bases de participación no momento da inscrición.
Só poderán participar un máximo de 6 equipos, por rigorosa orde de inscrición, así que… dádevos présa para reservar praza!
O equipo gañador levará 500 € en vales para gastar nas empresas asociadas ao CCA (Asociación de Pequenas Empresas de Arteixo), válidos ata o 31 de decembro de 2025.
O sábado 18 de outubro pola tarde, no campo a carón da igrexa, dentro da Feira do 1900 de Arteixo.
Equipos de entre 4 e 6 persoas maiores de idade. Ide pensando o nome do voso equipo que isto vai dar que falar.
A moda da aldea do 1900! Podes poñer o que queiras, sempre que sexa ambientado na época, pero lembra que algunhas probas implican correr, levantar, empurrar… e pode haber algo de barro ou auga. Recoméndase traer roupa cómoda e un cambio para despois. Non queremos que vos colla o frio!
Si, o equipo que sume máis puntos ao final das probas recibirá o título de Campeóns das Aldeadas 2025 e un agasallo moi especial, 500€ en vales de compra para gastar nas pequenas empresas de Arteixo.
Haberá un mínimo de catro probas, entre as seguintes:
- Lanzamento de Marco: cada equipo proba sorte lanzando o marco o máis lonxe posible.
- Espeta a Estaca: maza en man, cada quen dá un golpe ata ver quen logra afundir máis a estaca no chan.
- Que Rule o Rolo: traballo en equipo para facer avanzar un gran rolo sen deixalo caer.
- Carreta o Leite: relevos tradicionais levando caldeiros de leite… ¡na cabeza!
- Carreira de Carretillos: parellas que se alternan entre empuxar carretillas e facer de carretilla humana.
O primeiro de todo: xunta ao teu equipo!
Fala coas túas amigas e amigos, buscade un nome de grupo e anotade os nomes e apelidos de todas as persoas participantes (entre 4 e 6, recomendámosvos 6 por se algunha non pode acudir o día da feira).
Unha vez o teñades, reservade a praza cubrindo o formulario en liña antes do 12 de outubro ás 23:59 h.
Atoparedes o botón de inscrición máis abaixo nesta páxina.
O día da Feira podería solicitarse o DNI das persoas inscritas, así que asegurádevos de que todos os datos sexan correctos.
E lembrade: as prazas son limitadas a 6 equipos, por rigorosa orde de inscrición… así que reservade canto antes!
Un paseiño no día da festa
O desfile da 1900
A Feira do 1900 é, sen dúbida, a festa por excelencia de Arteixo. Cada ano, preparamos con mimo os nosos traxes, quedamos coas amigas, coa familia, e vivimos un fin de semana máxico que nos traslada ao Arteixo de hai máis dun século.
Este ano, o CCA e o Concello de Arteixo queremos ir un pasiño máis alá e propoñerche un xogo: atreverte a dar o teu propio “paseíño no día da festa”, unha pasarela chea de vida, humor e espírito de aldea.
Non se trata dun desfile formal, senón dun momento para amosar os teus traxes, o teu enxeño e as túas ganas de pasalo ben.
O sábado 18 de outubro ás 19:00 h, a rúa Canónigo Cándido Varela converterase nunha auténtica pasarela de feira. As participantes deberán estar ás 18:45 h para a recepción na mesa do CCA, onde se lles asignará o número de orde para o seu pase.
Haberá dúas categorías de participación:
- Individual ou parellas (ata 2 persoas)
- Grupos de 3 ou máis persoas
Un xurado moi especial valorará o enxeño, a simpatía e o espírito de 1900, non a perfección do traxe nin a calidade das costuras.
Porque o importante é revivir o ambiente das aldeas cando todo o pobo saía ás portas para celebrar, rir e aplaudir xuntas.
O premio será de 150 € en vales de compra na categoría individual/parellas e 400 € en vales de compra na categoría de grupo, para gastar nas pequenas empresas asociadas ao CCA antes de rematar o ano 2025.
Contaremos cun presentador moi especial que nos fará rir e cun espazo acondicionado para o público, porque queremos facer entre todas unha auténtica festa de aldea!
É a primeira edición deste paseo tan especial… e queremos que sexa a primeira de moitas.
O sábado 18 de outubro pola tarde, as 19.00h na rúa Canónigo Cándido Varela.
Calquera persoa, familia ou grupo de amigas e amigos que queira vivir a feira con moita ilusión e ganas de xogar. As menores poderán participar acompañadas dunha persoa adulta.
Si! É obrigatorio vir vestida de época (1900). Non buscamos traxes perfectos, senón creatividade e actitude. A elegancia das costuras completarase co teu sorriso, o teu andar e a túa maneira de vivir este día de festa.
Si, un xurado moi especial valorará o espírito de época, a simpatía e a orixinalidade das caracterizacións, tamén un presentador moi especial que nos fará rir e animará o paseo con moito humor e cariño.
Si!
150 € en vales de compra para a categoría individual ou parellas.
400 € en vales de compra para a categoría de grupo (mínimo 3 persoas).
Os vales poderán empregarse en calquera das pequenas empresas asociadas ao CCA ata o 31 de decembro de 2025.
Moi sinxelo: as prazas son limitadas, así que formade o voso grupo e cubride o formulario de inscrición canto antes.
Podedes participar de forma individual, en parella ou en grupo (mínimo 3 persoas).
Ao chegar o sábado, achegádevos 15 minutos antes (ás 18:45 h) á mesa do CCA para a recepción: alí asignarémosvos o voso número de orde para o pase.
Preme o boton e inscrcríbete no paseiño!
Busca no baul e ánimate a participar!
Obradoiros “Saberes da Aldea”
O domingo 19 de outubro ás 11:00 h, na carpa da Praza do Balneario, viviremos unha mañá moi especial na Feira do 1900, tres obradoiros que nos farán viaxar ao corazón da vida na aldea.
Un espazo para aprender, compartir e tocar co as mans a sabedoría que as nosas avoas coñecían ben: as herbas, a manteiga e a cestería.
Serán actividades abertas a todas as idades (as menores de 12 anos deberán vir acompañadas e as menores de idade precisarán autorización das súas persoas titoras).
Tres propostas diferentes para escoller a que máis che guste. Un domingo de aprendizaxe, memoria e comunidade, coma nas aldeas de antes.
Sigue baixando na web e coñece todos os detalles e como participar.
Condicións de participación
A participación é gratuita presentando un ticket de compra de, polo menos, 10 € en calquera establecemento asociado ao CCA. Coñece o listado completo nesta ligazón
Cada persoa participante deberá presentar un ticket de compra.
O ticket deberá ter unha data dentro dos tres meses anteriores ao taller e presentarase o día da actividade antes de comezar.
No caso de non presentar o ticket, poderá accederse aboando unha cota de 30 € por persoa.
As prazas son limitadas, así que recomendámosche reservar canto antes o teu obradoiro favorito.
A inscrición implica a aceptación das bases de participación aquí detalladas
✽ Obradoriro Herbas da Aldea: Saberes Populares e Remedios de Sempre.
-
Un encontro cheo de aromas, lembranzas e sabedoría popular, da man da nosa asociada Aysú Emporium.
Nesta actividade educativa e lúdica, as participantes coñecerán as plantas tradicionais galegas que utilizaban as nosas avoas e aprenderán a elaborar preparados sinxelos e naturais, tal e como se facía nas aldeas de comezos do século XX.
O obradoiro combina unha pequena introdución sobre a tradición oral e o uso das herbas en Galicia, unha demostración guiada paso a paso, e a elaboración dun remedio natural que cada persoa poderá levar para casa.
Unha experiencia sensorial completa —ulir, tocar e preparar coas propias mans— que recupera a memoria popular e pon en valor a cultura galega e o seu vínculo coa natureza.
Trátase dunha actividade inclusiva e aberta a todas as idades, perfecta para gozar en familia e redescubrir os saberes que medran na terra e na lembranza.
✽ Obradoiro Elaboración Artesanal de Manteiga
Da man da nosa asociada Marilú Tartas, mergullarémonos na tradición gastronómica galega para descubrir o valor cultural e emocional da manteiga feita na casa, tal e como se elaboraba nas aldeas de antes.
Unha actividade que combina historia, sabor e aprendizaxe compartida, poñendo en valor os saberes culinarios tradicionais e os beneficios de facer as cousas con calma e con mimo.
Durante o obradoiro aprenderás a elaborar manteiga artesanal a partir de nata fresca, coñecerás os seus usos tradicionais e actuais, e participarás nunha demostración práctica onde tamén prepararemos unha masa de galletas caseiras con ingredientes sinxelos e naturais, reducindo o azucre e aproveitando os produtos da propia elaboración.
Haberá tempo para probar, catar e compartir, degustando a manteiga e as galletas mentres conversamos sobre recordos, receitas e sabores de sempre.
Unha experiencia educativa, sensorial e comunitaria, pensada para revalorizar a tradición da manteiga caseira, fomentar hábitos máis saudables e fortalecer os vínculos entre veciñas e veciños arredor da cociña.
Un obradoiro delicioso e colaborativo, coma nas cociñas das aldeas de antes, para aprender, saborear e gozar xuntas dunha mañá de feira inesquecible.
Inscricións Elaboración Artesanal de Manteiga
✽ Obradoiro de cestería tradicional
-
Da man da nosa asociada Seoane Textil, mergullarémonos nun dos oficios máis antigos e fermosos da humanidade: a cestería tradicional, unha arte con máis de 40.000 anos de historia que formou parte da vida nas aldeas e tamén da nosa identidade galega e arteixá.
Este obradoiro é unha homenaxe á creación feita a man, á paciencia e á beleza do trenzado, e á conexión entre o tecido e a terra que caracterizaba a vida nas aldeas de comezos do século XX.
Mentres coñeces a historia e o valor cultural desta arte, crearás o teu propio cesto con cordóns de algodón, retais de liño reciclado e fío cosido, todos os materiais están incluidos.
Será un espazo tranquilo e inspirador, onde cada volta do trenzado lembrará as mans que antes deron forma ás cousas que nos acompañaban no día a día.
Unha actividade que combina creatividade, tradición e sostibilidade, perfecta para descubrir a beleza do feito a man e celebrar a nosa identidade común.

Apoios
Esta asociación e todas as actividades que desenvolve é posible grazas ao traballo das nosas socias, ao apoio das institucións e sobre todo, grazas a ti, que cada día apostas por quedar en Arteixo, por mercar na casa, por confiar nas pequenas empresas que fan barrio, que fan comunidade, que fan futuro


