Estás a un paso de formar parte da comunidade de pequenas empresas que forman parte da vida cotiá de Arteixo.
Unha rede diversa que medra grazas á colaboración, o traballo compartido e a vontade de seguir mellorando e profesionalizando as pequenas empresas do noso concello.
Desde a Asociación das Pequenas Empresas de Arteixo, traballamos para fortalecer o tecido empresarial local, impulsar a dixitalización, a cooperación e a formación continua, e crear oportunidades reais para que emprender en Arteixo sexa cada vez máis fácil e sostible.
O noso obxectivo é que os negocios de Arteixo teñan estabilidade, futuro e capacidade de medrar no tempo, construíndo un modelo de desenvolvemento máis humano, sostible e próximo.
En Arteixo convivimos pequenas empresas de moitos ámbitos: comercios, cafeterías, talleres, clínicas, estudos, profesionais e servizos de todo tipo, que compartimos un mesmo propósito: facer crecer os nosos proxectos e contribuír ao benestar da comunidade.
Ao cubrir este formulario estarás a solicitar a túa alta como socia da Asociación das Pequenas Empresas de Arteixo, formando parte dunha rede que promove campañas, formacións, asesoramento, comunicación e accións de dinamización ao longo de todo o ano.
Vantaxes de formar parte
Formar parte da Asociación das Pequenas Empresas de Arteixo significa ter apoio, visibilidade e oportunidades reais para facer medrar o teu proxecto.
A asociación está en constante evolución, incorporando novas accións, servizos e ferramentas para responder ás necesidades das súas socias e mellorar cada día o seu funcionamento.
Como socia, poderás:
Participar en campañas e eventos de dinamización que dan visibilidade ao teu negocio e contribúen a activar o consumo local.
Dispoñer dunha páxina propia na web da asociación (actualmente en construción), onde o teu negocio terá presenza constante.
Beneficiarte de difusión en redes sociais, notas de prensa e campañas dixitais, ampliando o teu alcance e reforzando a túa marca.
Acceder a formacións gratuítas ou con desconto en áreas clave como dixitalización, comunicación, atención ao cliente, sustentabilidade ou xestión empresarial.
Recibir información e asesoramento personalizados sobre subvencións, trámites e servizos de interese para pequenas empresas e profesionais.
Aproveitar os convenios de colaboración e descontos exclusivos con entidades, provedores e servizos locais.
Contar cunha rede de apoio mutuo, conectando con outras pequenas empresas e profesionais que comparten retos e valores comúns.
Participar nas decisións que marcan o rumbo da asociación, as súas campañas e actividades anuais.
Unirse á asociación é apostar por un proxecto común en constante mellora, que dá forza e voz ás pequenas empresas e contribúe a que Arteixo siga sendo un lugar dinámico, sostible e cheo de oportunidades.
Cota anual e formas de pago
A cota anual de socia é de 150 €, e podes elixir a modalidade de pago que mellor se adapte ao teu negocio:
Pago único anual: 150 € en xaneiro.
Pago semestral: 80 € en xaneiro e 80 € en xuño (total 160 € ao ano).
Pago mensual: 15 € ao mes (180 € ao ano), mediante suscrición directa con tarxeta.
En todos os casos existe un compromiso mínimo de permanencia dun ano, para garantir unha participación estable e evitar altas puntuais só vinculadas a campañas concretas.
O cobro realízase, no caso do pago único, en xaneiro de cada ano, e esta organización dos pagos axúdanos a minimizar a dependencia das pólizas de crédito bancarias, permitindo unha xestión máis sostible dos recursos da asociación.
Ao longo deste formulario poderás indicar a modalidade de pago que prefiras, e se máis adiante precisas cambiala, basta con comunicarte connosco para facer o axuste correspondente.
Pasos para formalizar a túa alta
Cubre este formulario online cos datos do teu negocio.
Unha vez recibido, revisaremos a túa información e o método de pago escollido.
Segundo a opción que selecciones:
Se escolles domiciliación bancaria, enviarémosche por correo electrónico o mandato SEPA para que o asines e nos o devolvas.
Se prefires o pago con tarxeta, recibirás un enlace seguro para completar a suscrición.
Unha vez recibido o documento asinado ou confirmada a suscrición, a túa alta quedará formalizada e pasarás a formar parte da asociación das pequenas empresas de Arteixo.
A partir dese momento, recibirás un correo de benvida con información útil sobre o funcionamento da asociación, as canles de comunicación e todo o que necesitas para estar ao tanto das actividades e formar parte activa da comunidade.
Por que unirte
Formar parte da asociación é moito máis ca pertencer a unha entidade:
é sumarte a un proxecto común que impulsa o futuro das pequenas empresas do noso concello, defende os seus intereses e contribúe a mellorar a vida de toda a comunidade.
Desde a Asociación das Pequenas Empresas de Arteixo traballamos cada día para que as empresas locais teñan máis estabilidade, visibilidade e oportunidades, e para que Arteixo sexa un lugar con máis dinamismo, máis emprego e máis vida.
E para conseguilo, ti es fundamental.
Cada pequena empresa, cada persoa emprendedora, cada profesional e cada proxecto conta: as túas ideas, a túa experiencia e o teu xeito de facer son o que dá forza á asociación.
Só estando todas xuntas podemos seguir mellorando, fortalecendo o pobo e construíndo o Arteixo que queremos.