Skip to Content
  •  Teléfono: 608 549 011
arteixocca
  • 0
  • Sign in
  • Próximos eventos
arteixocca
  • 0
  •  Teléfono: 608 549 011
  • Sign in
  • Próximos eventos



Gran Sorteo - 500€ en premios

Un Roteiro por Arteixo



Un Roteiro por Arteixo é unha campaña do CCA pensada para convidarte a percorrer o comercio local, descubrir establecementos e participar activamente na vida do noso pobo.

Arteixo está formado por trece parroquias diferentes, pero é no núcleo onde se concentra boa parte da vida comercial, social e cultural. Esta campaña quere poñer en valor ese punto de encontro común e animarte a mercar nas pequenas empresas que fan posible o día a día de Arteixo.

A participación é moi sinxela:

cando realizas unha compra nun establecemento asociado ao CCA, podes pedir a túa tarxeta de participación. 

Cada compra superior a 10 € permite selar unha das casas da tarxeta. 

Ao conseguir tres selos de comercios distintos, só tes que depositala en calquera das urnas do CCA e entrarás automaticamente no sorteo de 500 € en vales de compra, repartidos en dous premios de 250 €, para gastar nos establecementos asociados.


Con Un Roteiro por Arteixo premiamos a compra local, fomentamos que visites distintos comercios e reforzamos a idea de que mercar aquí é unha forma de facer pobo, crear comunidade e apoiar ás pequenas empresas que dan vida a Arteixo.


Podes consultar aquí as bases completas e toda a información ampliada

Consulta aquí as empresas asociadas ao CCA

 

Apoios

Esta asociación e todas as actividades que desenvolve é posible grazas ao traballo das nosas socias, ao apoio das institucións e sobre todo, grazas a ti, que cada día apostas por quedar en Arteixo, por mercar na casa, por confiar nas pequenas empresas que fan barrio, que fan comunidade, que fan futuro

 

Podemos axudarche?

Contacta con nos en calquera momento

Por teléfono ou WhatsApp

608​ 54 ​90 1​1

Por correo electrónico

cca@ccaarteixo.com

Segue en contacto


  • Inicio
  • •
  • Política de cookies
  • •
  • Política de privacidade
  • •
  • Aviso Legal
  • •
Copyright © Arteixo CCA
Powered by Odoo - The #1 Open Source eCommerce

Utilizamos cookies para ofrecerle una mejor experiencia de usuario en este sitio web. Política de cookies

Solo las necesarias Acepto