Skip to Content
  •  Teléfono: 608 549 011
arteixocca
  • 0
  • Sign in
  • Próximos eventos
arteixocca
  • 0
  •  Teléfono: 608 549 011
  • Sign in
  • Próximos eventos

 Este Nadal, as pequenas empresas de Arteixo volvemos sumar forzas, para ofrecerche propostas pensadas para desfrutar en familia e no barrio. Como asociación, o noso compromiso é claro: crear actividade, dar vida ás rúas e lembrar que mercar no local sostén emprego, achega servizos e mantén vivo o pobo durante todo o ano.


Nesta páxina tes reunida toda a información da campaña: sorteos, talleres, panxoliñas, xogos e accións solidarias. Aquí podes consultar datas, lugares e formas de participar, para que escollas o que máis se adapte a ti e á túa familia.


Segue lendo, descobre todo o que preparamos e vive o Nadal apoiando as pequenas empresas de Arteixo. 




Gran Sorteo - 1.000€ en premios

O Nadal tamén é mercar na casa



Este Nadal, as pequenas empresas de Arteixo agochan verbas, propósitos e premios nos seus escaparates. 

Un xogo sinxelo e divertido co que queremos lembrarte que cada compra local constrúe comunidade e dá vida ao noso pobo.

Percorre os establecementos asociados ao CCA, abre ben os ollos e busca nas fiestras e escaparates as frases agachadas. En cada pequena empresa, socia do CCA, atoparás unha frase que comeza por “AS PEQUENAS EMPRESAS TAMÉN…” e que conta algo do que achegan ao noso pobo todo o ano: fan barrio, dan confianza, crean emprego local, coidan do noso pobo,...


Para participar só precisas facer unha compra de 10 € ou máis nunha empresa socia do CCA e pedir a túa Tarxeta de Participación.

Unha vez a teñas, só tes que:

  1. Visita os establecementos asociados ao CCA e localiza no escaparate a frase que comeza por “As pequenas empresas tamén…”.
  2. Anota na tarxeta a frase atopada e o nome da empresa. 
  3. Repite o proceso en 3 establecementos diferentes ata completar a tarxeta.
  4. Deixa a túa Tarxeta de Participación en calquera das urnas situadas nas empresas socias.


Todas as tarxetas válidas participarán automaticamente no sorteo de 1.000 € en vales de compra (50 vales de 20 € cada un), que poderás gastar ata o 21 de marzo de 2026 nos establecementos asociados ao CCA.

O sorteo celebrarase o 12 de xaneiro de 2026 e avisarémosche por correo electrónico ou WhatsApp no caso de resultar premiada.

Podes consultar aquí as bases completas e toda a información ampliada

Consulta aquí as empresas asociadas ao CCA

 

Tarde de Foliada e Panxoliñas

O alumnado da Escola de Música Entresons encherá as rúas de Arteixo de música, ilusión e espírito de Nadal.

Un paseo musical cheo de panxoliñas, ritmo e emocións, que nos convida a parar, escoitar e sentir a maxia destas festas, xunto á nosa xente.

Achega a​ túa voz, o teu aplauso ou simplemente as túas ganas de desfrutar.

O paseo dará comezo o 22 de decembro ás 19.00h na Escola de Música Entresons.


Actividades de Nadal para peques e familias.


Os talleres que ves aquí son actividades pensadas para as nenas e nenos de Arteixo xunto coas súas familias , creadas da man da Asociación de Pequenas Empresas de Arteixo.

Estamos moi orgullas de poder contarvos que todas estas propostas nacen da gran rede de pequenas empresas que temos en Arteixo, tódolos talleres e actividades son deseñados e impartidos por empresas de Arteixo.

As actividades son gratuitas sempre que presentes un ticket ou recibo de compra de mínimo 10€, por taller e inscripción.

Cada nena ou neno require unha inscrición independente, aínda nos talleres familiares onde é requerida a presenza dunha persoa adulta, a mesma persoa adulta pode acompañar a varios menores sempre e cando sexa quen de acompañalos a todos eles no desenvolvemento do taller.

Cando realices a inscrición recibiras un correo electrónico de confirmación de praza e as instruccións para enviarnos unha foto do ticket por correo electrónico dentro dun prazo determinado, nos escribiremosche de volta reconfirmando a túa praza, no caso de que non envíes o ticket na forma e prazos fixados a praza será liberada automáticamente, para que poida ser empregada por outras familias


A inscrición vai ligada a  subscrición ao boletín de noticias da Asociación das Pequenas Empresas de Arteixo, que usamos de forma moi coidada: enviamos pouca comunicación, sempre útil, e serve para manter o vínculo da comunidade, avisar de novas actividades e seguir fortalecendo entre todas a rede de pequenas empresas que dá vida ao noso pobo.

Estas propostas existen grazas á implicación das pequenas empresas de Arteixo, que sosteñen a vida cultural, social e económica do municipio durante todo o ano.

Participar é tamén unha forma de apoiar o que está preto, o que é noso.

 

 

✽    Galletas con Maxia, da man de Marilú Tartas + Un Mar de Cores


Un obradoiro doce e creativo, no que as nenas e nenos poderán decorar as súas propias galletas de xenxibre e crear un adorno ou postal de Nadal.

É unha actividade pensada para desfrutar, experimentar e espertar a imaxinación, da man de Marilú Tartas e Un Mar de Cores, dúas empresas asociadas ao CCA que unen talento, coidado e creatividade. 

  • Dirixido a: peques de 5 a 12 anos

    Lugar: A Capela do Balneario

    Data: Venres 19 de decembro

    Hora: 17:00 h

    Duración: 60 minutos

    Preme o botón vermello e inscríbete.

Inscricións Galletas con Maxia

 


✽     Xogo de Percepción Visual, da man de Óptica Arteixo — 1ª quenda

 

Unha proposta divertida e diferente, na que as nenas e nenos, xunto ás súas familias, participarán nun xogo de percepción visual deseñado por Óptica Arteixo, empresa asociada ao CCA, espazo cercano que coida a túa visión con profesionalidade e humanidade.

Dúas equipas competirán para poñer a proba a observación, a concentración e o traballo en equipo, todo nun entorno seguro dentro da propia óptica.

Dirixido a: peques de 5 a 12 anos, cada unha/un acompañado dunha persoa adulta

Lugar: Óptica Arteixo

Data: Venres 19 de decembro

Hora: 17:00 h

Duración: 60 minutos

Preme o botón vermello e inscríbete.

Inscricións Percepción Visual - 1ª quenda


✽     Xogo de Percepción Visual, da man de Óptica Arteixo — 2ª quenda

 

Unha proposta divertida e diferente, na que as nenas e nenos, xunto ás súas familias, participarán nun xogo de percepción visual deseñado por Óptica Arteixo, empresa asociada ao CCA, espazo cercano que coida a túa visión con profesionalidade e humanidade.

Dúas equipas competirán para poñer a proba a observación, a concentración e o traballo en equipo, todo nun entorno seguro dentro da propia óptica.

Dirixido a: peques de 5 a 12 anos, cada unha/un acompañado dunha persoa adulta

Lugar: Óptica Arteixo

Data: Venres 19 de decembro

Hora: 19:00 h

Duración: 60 minutos

Preme o botón vermello e inscríbete.

Inscricións Percepción Visual - 2ª quenda


✽      Taller de coroas de Nadal, da man de Seoane Textil

 

Un taller familiar no que cada peque poderá crear a súa propia coroa de Nadal con retallos de tea, guiadas/os por Seoane Textil, empresa asociada ao CCA especializada en tecidos, confección e artesanía.

Unha actividade creativa e sinxela, que aposta pola reutilización, a imaxinación e o pracer de facer as cousas en compañía.

Dirixido a: peques de 3 a 10 anos, acompañadas/os dunha persoa adulta

Lugar: Capela do Balneario

Data: Luns 22 de decembro

Hora: 17:30 h

Duración: 2 horas

Preme o botón vermello e inscríbete.


Inscricións Coroas de Nadal


✽       Taller musical bilingüe, da man da Academia de Inglés Betty Queiro

 

Un taller cheo de ritmo, movemento e creatividade, no que as nenas e nenos poderán explorar a música, mentres se familiarizan co inglés, dun xeito natural e divertido. 

Da man da Academia de Inglés Betty Queiro, empresa asociada do CCA onde aprender é xogar, sentir e descubrir o inglés dun xeito divertido e afectivo, vivirán unha sesión dinámica con xogos rítmicos, pequenas manualidades, música bilingüe e un karaoke final para soltar a voz e despedir a actividade con alegría.

Dirixido a: peques de 7 a 12 anos

Lugar: Academia Betty Queiro

Data: Martes 23 de decembro

Hora: 17:30 h

Duración: 60 minutos

Preme o botón vermello e inscríbete.



Inscricións Taller Musical


✽    Nadal consciente: adornos con historia, da man de Un Mar de Cores + A Despensa que Pensa

 

Un obradoiro creativo e sostible, no que as nenas e nenos elaborarán un adorno de Nadal con materiais reutilizados, mentres descobren valores ligados ao consumo consciente, ao coidado do medio ambiente e á expresión artística.

A actividade é impartida por dúas empresas socias do CCA: Un Mar de Cores, especializada en arte e educación ambiental, e A Despensa que Pensa, tenda de residuo cero e produtos ecolóxicos.

Dirixido a: peques de 5 a 12 anos

Lugar: Capela do Balneario

Data: Venres 26 de decembro

Hora: 17:30 h

Duración: 60 minutos

Material que deben traer:

• Un frasco de vidro de boca ancha envolto en papel

• Unha bolsa de plástico

Preme o botón vermello e inscríbete.



Inscricións Adornos con historia


✽     Mímica de Dereitos, da man de PE Studio

 

Un taller diferente, participativo e cheo de aprendizaxes, no que as nenas e nenos —xunto coas súas familias— explorarán os dereitos e deberes da infancia a través da mímica, o xogo e a creatividade.

Da man de PE Studio – Periodismo Social, unha entidade de Arteixo especializada en educación en valores e bo trato á infancia, vivirán unha experiencia que convida a observar, sentir e reflexionar de forma lúdica.

Dirixido a: peques de 5 a 12 anos, acompañadas/os dunha persoa adulta

Lugar: Capela do Balneario

Data: Luns 29 de decembro

Hora: 17:00 h

Duración: 60 minutos

Preme o botón vermello e inscríbete.



Inscricións Mímica de Dereitos


✽      Robótica con LEGO, da man de Academia Lidia

 

Un taller no que creatividade e tecnoloxía danse a man para que as nenas e nenos descubran o mundo da robótica con LEGO.

Da man de Academia Lidia -un espazo próximo de aprendizaxe, onde profesionais con vocación acompañan no día día-  construirán pequenas estruturas que cobran vida a través da programación inicial, o xogo e a experimentación, estimulando a curiosidade, o pensamento lóxico e a capacidade de resolver problemas nun entorno seguro e divertido.

Dirixido a: peques de 6 a 11 anos

Lugar: Capela do Balneario

Data: Luns 29 de decembro

Hora: 18:30 h

Duración: 60 minutos

Preme o botón vermello e inscríbete.



Inscricións Robótica con LEGO


✽       PequeMúsica de Nadal, da man da Academia de Inglés Betty Queiro

 

Un espazo suave, sensorial e cheo de pequenas emocións, pensado para que as crianzas máis pequenas descubran a música e o Nadal a través do xogo e do movemento.

Da man da Academia de Inglés Betty Queiro, empresa asociada do CCA onde aprender é xogar, sentir e descubrir o inglés dun xeito divertido e afectivo, as familias compartirán unha sesión tranquila e acolledora, con actividades musicais sinxelas, experiencias sensoriais, xogos de percusión, cancións e un pequeno contacontos de Nadal adaptado á súa idade.

Dirixido a: peques de 2 a 3 anos, acompañadas/os dunha persoa adulta

Lugar: Academia de Inglés Betty Queiro

Data: Martes 30 de decembro

Hora: 17:30 h

Duración: 60 minutos

Preme o botón vermello e inscríbete.



Inscricións PequeMúsica de Nadal


✽        Escape Room infantil, da man de Academia Lidia

 

Unha aventura chea de enigmas, pistas e emoción na que as nenas e nenos, en pequenos grupos, terán que resolver retos, descifrar códigos e colaborar para superar a misión final.

Da man de Academia Lidia -un espazo próximo de aprendizaxe, onde profesionais con vocación acompañan no día día- vivirán unha experiencia divertida e desafiante que reforza a observación, a autonomía, o traballo en equipo e a rapidez mental, sempre nun entorno seguro e acompañado por profesionais.

Dirixido a: peques de 8 a 12 anos

Lugar: Capela do Balneario

Data: Martes 30 de decembro

Hora: 17:30 h

Duración: 2 horas

Preme o botón vermello e inscríbete.




Inscricións Escape Room

Colabora na gran Recollida de alimentos

Este Nadal, sumámonos á gran Recollida de Alimentos, para apoiar ao Banco de Alimentos da Provincia da Coruña. Deposita alimentos non perecedoiros -incluidos produtos navideños para facer máis especiais estas datas- nas caixas dos locais participantes. O teu apoio é luz para moitas familias.                                                            Consulta aquí os puntos de recollida.


Apoios

Esta asociación e todas as actividades que desenvolve é posible grazas ao traballo das nosas socias, ao apoio das institucións e sobre todo, grazas a ti, que cada día apostas por quedar en Arteixo, por mercar na casa, por confiar nas pequenas empresas que fan barrio, que fan comunidade, que fan futuro

 

Podemos axudarche?

Contacta con nos en calquera momento

Por teléfono ou WhatsApp

608​ 54 ​90 1​1

Por correo electrónico

cca@ccaarteixo.com

Segue en contacto


  • Inicio
  • •
  • Política de cookies
  • •
  • Política de privacidade
  • •
  • Aviso Legal
  • •
Copyright © Arteixo CCA
Powered by Odoo - The #1 Open Source eCommerce

Utilizamos cookies para ofrecerle una mejor experiencia de usuario en este sitio web. Política de cookies

Solo las necesarias Acepto