Ir al contenido

O campamento do CCA - Terceira Semana

Empieza
Europe/Madrid
Termina
Europe/Madrid
Añadir al calendario:

Este verán, o Centro Comercial Aberto de Arteixo organiza uns campamentos cheos de diversión, creatividade e aprendizaxe para nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. Durante esta semana, os máis pequenos gozarán dunha programación variada con actividades lúdicas, xogos cooperativos, manualidades, deporte e obradoiros temáticos adaptados á súa idade.

Obxectivo: ofrecer unha alternativa educativa e divertida para facilitar a conciliación familiar durante o verán, promovendo valores como a convivencia, a creatividade e o respecto.

Servizos complementarios

Comedor con atención (13:30 – 15:00 h)

▪ 10 € por día

Servizo de madrugadores e tarde estendida
Intervalos dispoñibles:
  • 8:00 – 9:00 h
  • 9:00 – 10:00 h
  • 15:00 – 16:00 h
Prezos por hora:
  • 6 € por hora
Bonos semanais:
  • 1 hora/día: 20 €
  • 2 horas/día: 40 €
  • 3 horas/día: 60 €

Durante o proceso de reserva atoparás un formulario onde poderás indicar os servizos complementarios que che interesan (Servicio madrugadores, comedor con atención e tarde extendida). Unha vez formalizada a inscrición, enviarémoste por correo electrónico unha ligazon para abonar os servicios complementarios e resolver calquera dúbida que podas ter.